lunes, 17 de diciembre de 2007

Ola a todos! Máis vale tarde que nunca ou polo menos iso di o refraneiro popular. Creo que fun unha das últimas/os do mestrado en crear a súa bitácora, pero xa podo dicir que as 16.47 de hoxe, día 17 de decembro de 2007 quedou inaugurado oficialmente o meu blog. Póñome así de formal porque tendo en conta o meu carácter reservado, nunca pensei verme noutra igual. Xamais escribín un diario e sempre pensei que hai que ser un pouco exhibicionista para ter un blog, fotolog…etc. Chamádelle pudor mal entendido, timidez ou que sei eu, pero iso era o que opinaba. O tempo dirá se o meu ten cura, e se son capaz de escribir sobre min e sobre o mundo con tanta naturalidade coma calquera.
Benvidos.