lunes, 17 de diciembre de 2007

Ola a todos! Máis vale tarde que nunca ou polo menos iso di o refraneiro popular. Creo que fun unha das últimas/os do mestrado en crear a súa bitácora, pero xa podo dicir que as 16.47 de hoxe, día 17 de decembro de 2007 quedou inaugurado oficialmente o meu blog. Póñome así de formal porque tendo en conta o meu carácter reservado, nunca pensei verme noutra igual. Xamais escribín un diario e sempre pensei que hai que ser un pouco exhibicionista para ter un blog, fotolog…etc. Chamádelle pudor mal entendido, timidez ou que sei eu, pero iso era o que opinaba. O tempo dirá se o meu ten cura, e se son capaz de escribir sobre min e sobre o mundo con tanta naturalidade coma calquera.
Benvidos.

4 comentarios:

lauram dijo...

Como Laura que son, dou por inaugurado o teu blog. Benvida!

Pablo Morán dijo...

Ola, Laura:
Non coñezo a ninguén que nacera aprendido. E sempre hai que empezar por algúnha parte.
É un pouco bitácora isto dos blogs, pero non necesariamente un diario persoal. É unha forma de facer unha páxina web sen preocuparse demasiado polo deseño, que xa está prefixado.
Pero sempre que un asoma a testa por algunha fiestra e di 'aquí estou eu', efectivamente hai algo de narciso. Outros chámanlle amor propio. E qué!
Saudos. Pablo

Monim dijo...

Felicidades e que teñas unha boa andaina no mundo blogueiro. Síntome moi identificada co que dis, por iso no meu só puiden poñer tres liñas para dicir que xa o fixera.
Un saúdo

Lucía Delgado dijo...

Gústame o deseño. A ver se te animas e engades algo máis